www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

877 Solicitude de devolucións derivadas da norma do tributo

Con este procedemento solicítase o rateo da cota tributaria do imposto sobre actividades económicas (IAE) ou do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) e, no seu caso, a anulación do recibo do padrón anual emitido, como consecuencia dunha baixa censual e sempre que o solicite antes do remate do prazo voluntario de cobro do padrón correspondente.

Os obrigados tributarios que consideren que a baixa censual no imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) na Dirección Xeral de Tráfico ou no imposto de actividades económicas (IAE) na AEAT lle permite o rateo da cota tributaria e, no seu caso, a anulación do recibo emitido.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

  • No caso do IAE, copia da declaración de baixa tramitada ante a AEAT.
  • No caso do IVTM, copia da baixa na Dirección Xeral de Tráfico.
  • Cando o rateo supoña a solicitude de devolución de recibos pagados documento acreditativo da titularidade da conta bancaria.


Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico