Ás persoas obrigadas ao pago das taxas pola recepción dos servizos que sexan beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos.
Ou ben a aquelas persoas cuxo inmoble estea nunha zona de recollida de lixo en días alternos (a cota reducirase só para a taxa de lixo)
PRESENCIALMENTE
A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:
Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo
Tel: 986 804 300
Fax: 886 212 843
Horario:
De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.
Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45
Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro
ELECTRÓNICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"
Para obter unha redución da cota a 0,00€ nas taxas por abastecemento de auga, recollida de lixo e rede de sumidoiros
a)O impreso correspondente debidamente cuberto
b)Unha fotocopia do NIF das persoas físicas solicitantes do beneficio fiscal, así como se é o caso, xustificante que acredite a actuación a través de representación e NIF da persoa que actúe como representante.
c)A fotocopia do acordo de concesión da RISGA ou réxime protector de carácter público análogo.
d)Unha fotocopia do último recibo de pago da taxa pola recollida de lixo.
e)Identificación da referencia catastral do inmoble obxecto da prestación do servizo de abastecemento de auga (copia do recibo do imposto sobre bens inmobles...).
f)No caso en que o inmoble obxecto de subministro onde resida o solicitante da redución non sexa da súa propiedade, deberá achegar ademais:
Fotocopia do NIF do propietario do inmoble.
Fotocopia do contrato de aluguer ou documento que acredite que o propietario do inmoble cédelle o uso do mesmo ao solicitante do beneficio fiscal.
O carácter desta solicitude é rogado, xurdindo efecto a súa concesión no período impositivo seguinte ao da solicitude.
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA | Jofre de Tenorio, 4 baixo | 986804300 | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA | Jofre de Tenorio, 4 baixo | 986804300 |
Oficina | Horario | |
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace: