www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

865 Solicitude de adhesión ao sistema especial de pagamentos no IBIU

Este procedemento permite o pagamento do IBI de forma fraccionada en dúas cotas e mediante domiciliación bancaria das débedas devengadas a un de xaneiro de cada exercicio sen que lles sexa esixible o pago de xuros de mora nin a prestación de garantías. Este sistema aplícase exclusivamente aos recibos do imposto sobre bens de natureza urbana (exclúense os de natureza rústica e os bens de características especiais)

Ás persoas físicas e xurídicas titulares de inmobles situados no Concello de Pontevedra que estean suxeitos ao imposto sobre bens inmobles e que cumpran cos seguintes requisitos:

1) O suxeito pasivo non terá débedas co concello de Pontevedra no momento da presentación da solicitude, é dicir, non poderá ter débedas en vía executiva co Concello.

2) Os pagos deste fraccionamento especial satisfaranse por domiciliación bancaria.

3) Formularase solicitude expresa antes do 1 de xaneiro do exercicio anterior no impreso correspondente.

4) A solicitude afectará a todos os recibos de IBI urbana a nome do mesmo titular, sen que as posibles discrepancias catastrais neste extremo sexan recorribles ante o Concello nin alegables a efectos de acollimento neste sistema.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

Solicitude (Mod. 865 Solicitude de adhesión ao Sistema Especial de Pagos no IBIU)

Deberanse encher correctamente os vintecatro díxitos do IBAN da conta bancaria onde se domiciliarán os pagos e achegar xustificante acreditativo da titularidade da conta (certificado da entidade bancaria, extracto bancario, etc) .

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico