www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

860 Solicitude de aplazamento/fraccionamento

Tramitación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento de débedas mantidas coa facenda municipal

Aquelas persoas que teñan débedas co Concello de Pontevedra e se atopen nunha situación económico financeira que lle impida transitoriamente atender ao seu pagamento, sempre que cumpra co disposto na Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección deste concello.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

- Acreditación da titularidade da conta bancaria.

- Documento e/ou xustificantes da motivación que se alega e que considera oportunos en apoio do pedimento.

- Compromiso formal e irrevogable da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca de formalizar o aval ou certificado de seguro de caución para o caso en que se conceda o fraccionamento ou aprazamento solicitado.

- Plan de pagos.

- Garantía que se ofrece conforme ao disposto no artigo 82 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Importe: a garantía deberá cubrir o importe da débeda en período voluntario máis os xuros de mora que xere o aprazamento máis un 25 por cento da suma de ambas as dúas cantidades.

Modalidade: esixirase aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución.

Dispensa: non se esixirá garantía para o aprazamento ou fraccionamento de débedas en período voluntario de pago cuxa contía (na data da solicitude) non exceda de 6.000,00€.

- No caso de solicitar dispensa de garantía, alegaranse os motivos e achegarase ademais a seguinte documentación:

                  -Declaración responsable e xustificación documental manifestando carecer de bens ou non posuír outros que os ofrecidos en garantía.

                  -Xustificación documental da imposibilidade de obter aval de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución, na que consten as xestións efectuadas para a súa obtención.

                  -Balance e conta de resultados dos tres últimos anos e informe de auditoría, se existe, no caso de empresarios ou profesionais obrigados por lei a levar contabilidade.

                  -Plan de viabilidade e calquera outra información que xustifique a posibilidade de cumprir o aprazamento ou fraccionamento solicitado.



Podo pedir un fraccionamento do pago da débeda? Como?


Pode vostede pedir un fraccionamento no pago de calquera débeda de natureza pública. Debe ter en conta que se rexeitan con carácter xeral aquelas solicitudes tales que:

a) Que o importe da débeda sexa por importe inferior a 300 euros.
b) Que sexa reiterativa doutras que previamente fosen denegadas e respecto das que non presenten modificación substancial ningunha.
c) As que se exaccionen por medio de efectos timbrados
Lembre que:

1.- Os criterios xerais para fixar prazo máximo de concesión de fraccionamento ou aprazamento son:




Importe débeda





Prazo aprazamento





Núm. prazos fraccionamento







A partir 300,00 ata 900,00 €





6 meses





6 cotas mensuais







A partir 900,00 ata 1.500,00 €





12 meses





12 cotas mensuais







A partir 1.500 €





18 meses





18 cotas mensuais





Só excepcionalmente se concederá aprazamento ou fraccionamento de débedas por períodos máis longos, sempre motivados por razóns económicas relacionadas con causas sociais, asistenciais, etc, e nunca por períodos cuxos prazos de pagamento superen o do prazo de prescrición das débedas obxecto da solicitude.

2.- Que se o total da débeda acumulada a fraccionar supera os 6.000,00 euros, deberá achegar garantías de pago adicionais, normalmente en forma de aval bancario ou certificado de seguro de caución. Para solicitalo, poderá ben:

a) Facelo a través desta sede electrónica como se indica na descrición do procedemento
b) Ou ben presencialmente, entregando o formulario correspondente cumprimentado e asinado no rexistro do Concello de Pontevedra (r/ Michelena, 30, pranta baixa) Deberá achegar toda a documentación, que se lle indica no formulario de solicitude.

Incumprín o fraccionamento de pago que me concederan, que podo facer?

Debe porse en contacto coas oficinas de Tesouraría e recadación, onde se lle indicará cal é o seu caso concreto e medidas a tomar (r/ Michelena, 30, 2º andar).

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335
Oficina Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico