www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

Solicitude de cambio de domicilio

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os datos contidos no padrón constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo

Toda persoa que resida en España ten a obriga de empadroarse no municipio onde resida habitualmente.

A solicitude pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

  • Folla de inscrición padroal debidamente cuberta e asinada (todas as follas, no caso das instancias non autocopiativas.)
  • Fotocopia do documento que acredite a identidade das persoas inscritas (DNI, Pasaporte, tarxeta do estranxeiro en vigor, para cidadáns da Unión Europea o documento de identidade do seu pais e certificado do Número de identificación de estranxeiro e para os menores de 16 anos ademais, do libro de familia).
  • Fotocopia do documento que acredite o uso da vivenda (escritura de propiedade, contrato de compra-venda ou arrendamento en vigor, contrato ou factura expedida por compañía subministradora de telefonía fixa, auga electricidade, gas, etc…), preferiblemente algún documento onde se acredite a referencia catastral do inmoble (Recibo do IBI.)
  • Se se cumprimenta a autorización incorporada á solicitude deberase achegar fotocopia do DNI ou documento oficial identificativo do autorizante.

Nota: Prégase que as fotocopias sexan en tamaño A4 e por unha soa cara.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SECCIÓN DE SERVIZOS COMPARTIDOS Michelena 30, baixo 986804300 EXT 7200 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SECCIÓN DE SERVIZOS COMPARTIDOS Michelena 30, baixo 986804300 EXT 7200
Oficina Horario
SECCIÓN DE SERVIZOS COMPARTIDOS De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Instrucións para a cumprimentación da solicitude de alta no Padrón de Habitantes:

- Escriba con bolígrafo en letras maiúsculas. Indique con claridade todos os datos que corresponden a cada unha das persoas que se inscriben na folla.

- Non cubra os espacios sombreados.

- Na casilla “Tipo de alta” deberá por:

  • Alta por nacemento: se é un nacemento recente.
  • Alta por cambio de residencia: se se traslada doutro municipio, neste caso deberá cubrir tamén o espacio do “municipio ou consulado de procedencia” e “provincia ou país de procedencia”
  • Cambio de domicilio: se modifica o seu enderezo dentro do mesmo municipio.
  • Alta por omisión: Aquelas persoas que descoñezan o seu municipio de procedencia ou ben non estiveran empadroados xamais.
Para descargar la solicitud pulse en el siguiente enlace:
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
  • Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.

Volver