www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

800 Orde de domiciliación de adeudo directo SEPA ou solicitude de domiciliación bancaria

Supón a orde, a unha entidade financiera, de pagamento de ingresos municipais con cargo á conta da persoa solicitante.

As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, se ben os solicitantes poderán anulalas en calquera momento. Tamén poderán trasladalas a outras entidades financeiras, poñéndoo en coñecemento do Concello de Pontevedra antes da data límite que se sinala no punto "prazo de presentación".

A domiciliación deixará de ter validez cando sexa anulada pola persoa que o solicitou, cando sexa rexeitada pola entidade financeira ou cando o Concello dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas (pola desatención en dúas veces consecutivas da domiciliación por causas imputables ao solicitante), así como cando troque calquera dato do suxeito pasivo ou do obxecto tributario.

Prazo de presentación. Establécese como data límite para a admisión das solicitudes de domiciliación dous meses antes do comezo do período de recadación voluntaria a partir do que producirán efecto. Calquera solicitude presentada fóra de prazo producirá efectos para o exercicio seguinte.

A todas as persoas obrigadas ao pago dos recibos do Concello de Pontevedra que non queiran estar pendentes da finalización dos prazos de pago en período voluntario.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"


  • Solicitude (Mod. 800 Solicitude de domiciliación bancaria)
  • Copia do NIF do titular do recibo e no caso de ser distinto, tamén o NIF da persoa titular da conta na que se vai domiciliar o adeudo. No segundo caso a solicitude deberá estar asinada por ámbalas dúas persoas.

Que pagos podo domiciliar?

Actualmente, o Concello de Pontevedra só permite domiciliar pagos en concepto de tributos de devengo periódico e notificación colectiva, isto é, recibos de padróns. Isto inclúe principalmente, aínda que non unicamente, o IBI, IAE, IVTM e máis as taxas de auga, lixo e sumidoiros. Non se poden aboar por domiciliación nin as liquidacións nin as autoliquidacións. Lembrámoslle que a primeira vez que pague vostede o IBI, IAE, IVTM ou auga, lixo e sumidoiros, para ese primeiro pago tampouco cabe a domiciliación.

Quen pode domiciliar un recibo?

O Concello de Pontevedra acepta a domiciliación dun recibo nunha entidade financeira, sempre que o asinante desta sexa o titular da conta bancaria na que se domicilia. Isto será así independentemente de quen sexa o titular da débeda.

Como domicilio un recibo?

a) Pode facelo ben a través desta sé virtual, premendo aquí, e cumprimentando todos os campos necesarios. b) Ou ben presencialmente nas oficinas de Tesouraría e recadación (r/ Michelena, 30, 2º andar). Alí deberá cumprimentar e asinar o formulario correspondente. O trámite realizarase no mesmo momento. c) Tamén poderá realizalo presencialmente, entregando o formulario correspondente cumprimentado e asinado no rexistro do Concello de Pontevedra (r/ Michelena, 30, pranta baixa)

O xustificante de pago por domiciliación que me envía o banco non ten case datos, como consigo máis datos?

Efectivamente, dende a entrada en vigor das normas europeas do SEPA, nos documentos de domiciliación bancaria está prohibido información máis alá dos 140 caracteres, o cal na maioría dos casos fai imposible dar un detalle razoable da débeda que se está aboando. No caso de que se trate dos recibos de Viaqua (auga, lixo e sumidoiros), ese detalle deberá corresponderse co do documento que esta lle remite bimestralmente ao seu domicilio. Se non lle chegara, poderá pedir un duplicado nas oficinas da empresa (r/ Padre Sobreira, 2, baixo) No caso doutros recibos, pode pedir o dito duplicado a) Ben a través desta sé virtual, premendo aquí. b) Ben presencialmente nas oficinas de Tesouraría e recadación (r/ Michelena, 30, 2º andar). Teña en conta que se non pode acreditar vostede ser o titular da débeda, o documento de pago que se lle expida non incluirá máis datos que os relativos á débeda, nunca datos de carácter persoal e polo tanto protexidos.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335
Oficina Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico