www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

157 Aceptación da oferta de nomeamento de persoal funcionario interino ou contratación laboral temporal

Procedemento para levar a efecto nomeamentos de persoal funcionario interino ou para contratar persoal laboral con carácter temporal con cargo aos membros das listas de reserva aprobadas tras a celebración dos oportunos procesos selectivos (lista A, por oposición de OEP ou lista B, por procesos selectivo celebrado para estes efectos).

As listas A, derivadas dun proceso selectivo de cobertura de vacantes incluídas en OEP, teñen preferencia respecto das lista B, aprobadas en virtude dun proceso selectivo celebrado para a súa elaboración.

Tras a tramitación do previo expediente administrativo, acreditativo da necesidade urxente e do cumprimento dos requisitos legais para efectuar o nomeamento interino ou a contratación laboral temporal, efectuarase o chamamento ao seguinte aspirante da lista de reserva da categoría que estea en vigor, que de aceptar a oferta de nomeamento ou contratación e achegar a documentación requirida polo Servizo de Persoal, será nomeado ou nomeada como funcionario interino ou contratado como persoal laboral, na modalidade que proceda.

A forma de notificar a oferta, os prazos de aceptación ou renuncia así como as súas consecuencias, recóllense para cada caso na resolución de aprobación da lista de reserva correspondente, así como nas bases reguladoras do proceso selectivo en virtude do cal se dita a mesma resolución.

Tras a resolución de nomeamento interino terá lugar a toma de posesión da persoa nomeada e a incorporación ao posto de traballo que corresponda coa tramitación da alta na TXSS por parte do Servizo de Persoal.

No caso de contratación laboral temporal, tras a resolución municipal, asinarase o contrato de traballo que corresponda consonte a normativa laboral, tras o que se iniciará a prestación de servizos nos termos contidos no contrato laboral.

A resolución de nomeamento ou de contratación laboral publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra durante 10 días hábiles.

Todos aqueles aspirantes que, tras superar o correspondente proceso selectivo, formen parte das listas de reserva da categoría profesional de que se trate e que teñan vixencia no momento de efectuar a oferta de nomeamento interino ou a contratación laboral temporal.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

-Escrito de aceptación da oferta de nomeamento interino ou de contratación laboral temporal

Achegarase a documentación que se lle requira polo Servizo de Persoal, que con carácter xeral é a seguinte:

  • DNI
  • Certificado de nacemento expedido polo rexistro civil (nomeamentos interinos).
  • Título esixido nas bases do proceso selectivo celebrado para formar parte da lista de reserva, ou do xustificante de ter aboados os dereitos para a súa expedición.
  • Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
  • Cartilla de afiliación á Seguridade Social.
  • Datos bancarios para percepción de haberes
  • Impreso de datos para a práctica de retencións do IRPF (modelo 145)
  • Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio dos servizos a realizar

No caso de nomeamento ou contratación para postos de traballo cuxas funcións impliquen contacto habitual con menores achegarase unha certificación negativa do Rexistro central de delitos sexuais naque se acredite a ausencia de condena por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual (en cumprimento do artigo 13.5la LO 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección do menor, modificado pola Lei 26/2015, do 28 de xullo,demodificación do sistema deprotección da infancia e da adolescencia).



Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE PERSOAL Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7070 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE PERSOAL Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7070
Oficina Horario
SERVIZO DE PERSOAL De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

- Resolución pola que se crea a lista de reserva na que se fundamenta o nomeamento ou a contratación, na que se determinan as regras básicas de funcionamento da correspondente lista de reserva (práctica das ofertas de nomeamento ou contratación, prazos e consecuencias da aceptación e renuncia de ofertas, así como a vixencia temporal da propia lista de reserva).

-Bases reguladoras do proceso selectivo en virtude do que se aprobou a lista de reserva de que se trate.

- Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP).

- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEP de Galicia).

- Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores (ET) e demais normativa laboral reguladora dos diferentes tipos de contratos laborais temporais.

Listas de substitución vixentes:


Volver
Rexistro electrónico