www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

514L Solicitude de licenzas urbanísticas de obras menores suxeitas ao procedemento simplificado de actuación comunicada

Tramitación para o outorgamento de licenzas urbanísticas para a execución das seguintes obras menores de conservación no Centro Histórico, en edificios sen declaración expresa de BIC, suxeitas ao procedemento simplificado de actuación comunicada:

  • hidrolimpezas parciais de fachada con auga a baixa presión controlada, sen produtos químicos e sen alterar as condicións físicas dos materiais e hidrofugación parcial de fachadas, tratamentos impermeabilizantes, incoloros, con produtos estables
  • colocación de cristais sen troco de perfilería da carpintería
  • limpeza e pintado da carpintería e cerrallería exterior e das canles e baixantes existentes en situación de deterioro, que se reporá en pedra, cinc ou materiais tradicionais
  • substitución de tellas deterioradas ou rotas por outras da mesma tipoloxía

Persoas ou entidades que vaian a executar algunha desas obras menores suxeitas ao procedemento simplificado de actuación comunicada

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

En todo caso:

  • Solicitude (Mod 514V)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Xustificante do ingreso da autoliquidacion da taxa que corresponda
  • Documentacion acreditativa da referencia catastral
  • Fotografias do estado actual do inmoble, exteriores ou interiores, segundo proceda
  • Plano de situacion e localizacion do inmoble no que se solicita a obra
  • Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar, que deberá ter en conta a ordenanza fiscal en vigor
  • Dúas fotografías recentes nas que se aprecie, con exactitude e claridade, a situación actual e a volumetría da edificación coa cuberta ou tellado que se pretenda reparar ou limpar
  • Nas obras exteriores en fachadas e cubertas, indicar o MEDIO AUXILIAR A EMPREGAR:
  • Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar
  • Fotocopia dos titulos de propiedade
  • Copia da licenza de primeira ocupacion, edificacion e/ou apertura

As ordenanzas vixentes para o centro histórico son de obrigado cumprimento para calquera intervención que se realice no conxunto histórico-artístico.

Lémbrase, en particular, nas intervencións exteriores en fachada a prohibición de revocaduras con acabados en ton forte ou brillante, a imitación a pedra ou tixolo e as paredes cubertas de tea asfáltica ou fibrocemento. As portas, fiestras, galerías e balcóns deberán levar as cores tradicionais e terán oomo material a madeira na carpintería e o ferro, fundición ou bronce na ferraxería, seguindo as normas do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do centro histórico declarado conxunto histórico-artístico, agás os supostos excepcionais que se prevén no devandito PEPRICA.

Transcorrido o prazo de 15 días hábiles dende a solicitude completa e correcta, a comunicación efectuada producirá todos os efetos xurídico-administrativos e entenderase concedida a licenza urbanística, habilitando á/ao solicitante para o inicio das obras, sen necesidade de ditar resolución administrativa confirmatoria ou habilitante.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver
Rexistro electrónico