www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

513OABIS Comunicación previa de obras, instalacións e aperturas de establecementos comerciais, profesionais ou industriais

Comunicación previa habilitante para a execución das obras e instalacións necesarias para o posterior desenvolvemento dunha actividade económica e/ou a apertura de establecementos comerciais, profesionais ou industriais

Persoas ou entidades que vaian exercer unha actividade económica nun local e/ou abrir un establecementos comercial, profesional ou industrial e precisen executar obras de acondicionamento e instalación previas

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

  • Solicitude (Mod 513OA BIS)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Documentacion acreditativa da referencia catastral
  • Memoria explicativa da actividade que se pretenda realizar, subscrita por persoal técnico competente, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos
  • Xustificante do pagamento dos tributos municipais
  • Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico, que inclúa certificado de seguridade e solidez das instalacións subscrito por persoal técnico competente e, no seu caso, co visado colexial correspondente
  • Documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación, subscrito/a por persoal técnico competente e, no seu caso, co visado colexial correspondente, que xustifique, tanto o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, incluíndo o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incencios, o Regulamento electromagnético para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e normativa sanitaria, como que o establecemento cumpre coas determinacionscontidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais e no Plan Xeral de Ordenación Urbana
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos para o exercicio da actividade
  • Documentación xustificativa do cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, cando proceda
  • Copia de licenzas/comunicacións previas/declaracións responsables anteriores
  • Documento acreditativo da constitución de fianza, de ser o caso
  • Nas obras exteriores en fachadas e cubertas débese indicar o MEDIO AUXILIAR A EMPREGAR

De ser preceptivo PROXECTO :

  • . Proxecto técnico esixible legalmente que describa as instalacións e/ou obras de acondicionamento a executar e xustifique o cumprimento da normativa urbanística e sectorial de aplicación, oficio de dirección das obras e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación

De non ser preceptivo PROXECTO (OBRAS MENORES):

  • . Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra
  • . Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar que deberá ter en conta a ordenanza fiscal en viigor
  • . Fotografías do estado actual do inmoble, interiores ou exteriores, segundo proceda
  • . Descrición suficiente das características das obras ou instalacións de que se trate

O comunicante declarará baixo a súa responsabilidade:

- que conta cos informes sectoriais preceptivos conxuntamente con todos os que sexan necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade

- que cumprirá cos requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período a el inherente e que ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará ás esixencias derivadas da nova normativa que vaia entrando en vigor, previa obtención das preceptivas licenzas ou presentación das correspondentes comunicacións previas que, segundo o caso, resulten necesarias para tal finalidade

- que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reunen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico

- que se compromete a non inciar as obras/instalacións ata o transcuso de 15 días hábiles seguintes ao da presente comunicación coa documentación completa sen que se reciba notificación por parte desta administración que requira a emenda de deficiencias ou declare a infeficacia da comunicación

- que unha vez rematadas as obras/instalacións e antes da posta en funcionamento, presentará a Comunicación Previa para o inicio da actividade á que xuntará certificado final de obra asinado por técnico competente e, no seu caso, vidado colexialmente. O referido certificado acreditará, de ser procedente, que coas instalacións ou obras de acondicionamento executadas non se menoscaba o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incencios, o Regulamento electromagnético para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e normativa sanitaria, como que o establecemento cumpre coas determinacionscontidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais e no Plan Xeral de Ordenación Urbana e, no seu caso, o cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, ou norma que o substitúa

Transcorrido o prazo de 15 días hábiles desde a súa presentación, a Comunicación Previa achegada cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo ou subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello respectivo

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e portección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 9/13, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia

Volver
Rexistro electrónico