www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

513ABIS Comunicación previa do inicio de actividade económica e/ou apertura de establecementos comerciais, profesionais ou industriais (sen obras)

Comunicación previa habilitante para inicio de actividade económica e/ou apertura de establecementos comerciais, profesionais ou industriais

Persoas ou entidades que vaian exercer unha actividade económica nun local e/ou abrir un establecementos comercial, profesional ou industrial

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

  • Solicitude (Mod 513A BIS)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Documentacion acreditativa da referencia catastral
  • Memoria explicativa da actividade que se pretenda realizar, subscrita por persoal técnico competente, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos
  • Xustificante do pagamento dos tributos municipais
  • Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico, que inclúa certificado de seguridade e solidez das instalacións subscrito por persoal técnico competente e, no seu caso, co visado colexial correspondente
  • Proxecto/documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación, subscrito/a por persoal técnico competente e, no seu caso, co visado colexial correspondente, que xustifique, tanto o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, incluíndo o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incencios, o Regulamento electromagnético para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e normativa sanitaria, como que o establecemento cumpre coas determinacionscontidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais e no Plan Xeral de Ordenación Urbana
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos para o exercicio da actividade
  • Documentación xustificativa do cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, cando proceda

O comunicante declarará baixo a súa responsabilidade:

  • que conta con todos os informes e autorizacións necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade
  • que ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará á normativa reguladora que vaia entrando en vigor, previa obtención das preceptivas licenzas ou presentación das correspondentes comunicacións previas que, segundo o caso, resulten necesarias para tal finalidade
  • que cumprirá os requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período a el inherente

A Comunicación Previa presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico do particular que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta á Administración Pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela

O presente modelo SÓ é válido para o caso de que non se teña que executar acto urbanístico ningún no local, isto é, nin obra maior nin menor

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver
Rexistro electrónico