www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

513A Declaración responsable de aperturas comerciais e actividades inocuas

Declaración responsable habilitante para o inicio de actividade inocua e/ou apertura de establecementos comerciais

Persoas ou entidades que vaian exercer unha actividade inocua nun local e/ou abrir un establecementos comercial

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

  • Solicitude (Mod 513A)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Documentacion acreditativa da referencia catastral
  • Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa que corresponda

A persoa solicitante declarará baixo a súa responsabilidade que rematou as obras autorizadas ao abeiro da licenza municipal outorgada ou da declaración responsable efectiva presentada, axustándose a todas as súas determinacións e, conseguintemente, conta co certificado de finalización da obra asinado por persoal técnico competente, e, no seu caso, co correspondente visado colexial, así como coa restante documentación esixida na licenza de acondicionamento con carácter previo ao exercicio da actividade, e os proxectos que serviran de base á súa concesión.

Asemade, a persoa solicitante declarará baixo a súa responsabilidade:

- que cumprirá cos requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o perído de tempo a el inherente

- que ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará ás esixencias derivadas da nova normativa que vaia entrando en vigor, previa obtención das autorizacións ou presentación das comunicacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade.

A correcta e completa formalización, segundo os requisitos esixidos, da declaración responsable habilita para o exercicio inmediato da actividade ou prestación do servizo

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e portección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 9/13, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia

Volver
Rexistro electrónico