www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

507 Solicitude de información urbanística, consulta urbanística ou determinación de aliñacións e rasantes

Persoas ou entidades que pretendan a obtención dunha información urbanística, consulta urbanística ou a determinación de aliñacións e rasantes respecto dunha finca dentro do termo municipal de Pontevedra.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

En todo caso:


  • Solicitude (Mod 507)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Xustificante do ingreso da autoliquidacion da taxa que corresponda
  • Certificación catastral descritiva e gráfica da finca obxecto da instancia
  • Plano a escala mínima 1:2000 e planos a escalas 1:100 e 1:200
  • Plano taquimétrico ou topográfico da finca, con indicación da superficie e dos lindes

No caso de CONSULTA URBANÍSTICA: PROPOSTA particular que se somete a estudo, consistente en croquis ou anteproxecto da intervención pretendida, que para o ámbito do PEPRICA, conterá todos os documentos relacionados no artigo 14 do devandito Plan Especial


Con carácter previo á solicitude de licenza urbanística de parcelamento de finca como de licenza urbanística para a construción de edificacións de nova planta, deberán solicitarse e obterse as correspondentes aliñacións e rasantes

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e portección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 9/13, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal

Volver
Rexistro electrónico