www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

503A Comunicación do cambio de titularidade da apertura dun establecemento público

Comunicación do cambio de titularidade do título administrativo habilitante para o desenvolvemento dunha actividade nun establecemento

Persoas ou entidades que vaian adquirir a titularidade do título administrativo habilitante para o desenvolvemento dunha actividade nun establecemento do termo municipal de Pontevedra.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

  • Comunicación (Mod 503A)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Documentación acreditativa da disponibilidade do establecemento para desenvolver a actividade

O novo titular declarará baixo a súa responsabilidade:

- que o local en cuestión se corresponde e se axusta en canto ao seu acondicionamento ao que obtivo licenza de apertura inicial ou foi obxecto de declaración responsable ou comunicación previa eficaz e cumpre coas medidas correctoras esixidas neles

- que se axustará e cumprirá todas as condicións impostas na licenza para o exercicio da actividade

- que ao tratarse de autorizacións de tracto sucesivo ou continuado, se acomodará á normativa reguladora que vaia entrando en vigor, previa obtención das preceptivas licenzas ou presentación das correspondentes declaracións responsables que, segundo o caso, resulten necesarias para tal finalidade

- que cumprirá os requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período a el inherente

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos
  • Regulamento de servizos das Corporacións Locais, aprobado polo Decreto de 16 de xuño de 1955

  • Ordenanza para a simplificación administrativa da tramitación de declaracións responsables para tramitar servizos, instalacións, apertura de establecementos, etc.
  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Volver
Rexistro electrónico