www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

502 Solicitude de outorgamento da licenza urbanística de primeira ocupación das edificacións

Tramitación para o outorgamento de licenza urbanística de primeira ocupación das edificacións

Persoas ou entidades que pretendan a obtención da primeira ocupación dunha edificación sita dentro do termo municipal de Pontevedra.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

En todo caso:

  • Solicitude (Mod 502)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Xustificante do ingreso da autoliquidacion da taxa que corresponda
  • Certificado final da obra asinado polo persoal técnico director e co corresponde visado colexial
  • Declaración de alta/alteración no Catastro Inmobiliario (mod. 902)

Cando proceda:

  • Planos/documentación de estado definitivo das obras asinados por persoal técnico competente co correpondente visado colexial
  • Certificado de illamento acústico elaborado por empresa homologada
  • Fotografías da fachada da edificación
  • Boletín e/ou certificado final da instalación da infraestrutura común de telecomunicacións asinado por persoal técnico competente e no seu caso visado colexialmente
  • Certificado-ditame de seguridade dos elementos exteriores segundo a Ordenanza municipal reguladora, asinado por persoal técnico competente e co visado colexial correspondente
  • Orzamento definitivo das obras executadas
  • Documento acreditativo da anotación no Rexistro da Propiedade da/s condición/s especial/is da licenza de obras imposta/s
  • Documento acreditativo da anotación no Rexistro da Propiedade da indivisibilidade da finca
  • Contratos/compromisos de xestión de residuos de obra

No caso de solicitar simultáneamente a devolución de fianza:

  • copia da/s carta/s de constitución da fianza correspondente
  • indicación expresa do número de conta no caso de fianzas en metálico
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver
Rexistro electrónico