www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

850 Comunicación/declaración de datos fiscais

Poñer en coñecemento do Concello de Pontevedra, datos dun obrigado tributario relativos á súa identificación e/ou enderezo fiscal, para os efectos do artigo 48.3 da Lei xeral tributaria.

Todos os obrigados tributarios deben declarar a súa identificación e/ou enderezo fiscal, ou calquera modificación destes datos, tanto sexan persoas físicas como xurídicas.

No caso das persoas físicas o feito de estar empadroado neste Concello, non implica necesariamente que se teña cumprido con esta obriga, deberá de facerse expresamente (a excepción de que se empadroara con posterioridade a novembro do 2010). Unha vez declarados, estes datos terán validez indefinida ata que se comunique algún cambio.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica vostede pode adxuntar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

Cumprimentar, segundo as instrucións, e presentar o impreso (Mod 850 Comunicación de datos fiscais)

No caso de presentación presencial:

- A solicitude deberá ir acompañada de copia do NIF ou NIE

- En caso de tratarse de persoas xurídicas, a documentación acreditativa do representante que asina o impreso, xunto cunha copia da tarxeta do NIF da persoa xurídica

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico